2. RECURSOS PARA TRABALLOS COLABORATIVOS

(Blogs, wikis, cazas do tesouro, webquests, Google Docs, Aulas virtuais...)







2.1. FERRAMENTAS





2.1.1. Correo electrónico, chat, traballo colaborativo en rede (Google docs).

Google Docs é unha ferramenta que permite a creación de textos, presentacións ou follas de cálculo dentro dun navegador web de xeito colaborativo entre varios usuarios. Ademais, permítenos importar os nosos traballos xa feitos e exportalos para poder gardalos. Para utilizar estes servizos é preciso crear unha conta en GMAIL.




2.1.2. Webquests, cazas do tesouro


As WebQuest son actividades de análise de información obtida da rede. A primeira Webquest deseñouna a mediados dos 90, Bernie Dodge.
As webquests manteñen unha estrutura xeral na que se establecen unha serie de apartados:
• Unha introdución que contextualiza o traballo que se vai desenvolver.
• Unha tarefa que describe o traballo que se vai realizar.
• O proceso que determina o modo no que se obterá a información para levar a cabo con éxito a tarefa.
• A avaliación que establece o método de cualificación da actividade.
• E unhas conclusións finais que visualicen o obxectivo conxunto da actividade.
external image webquestceiparua.jpg




2.1.3. Tarefas, traballo por proxectos

O traballo por proxectos de aula é unha das metodoloxías máis completas e axeitadas para desenvolver as competencias básicas no noso alumnado.
Con esta metodoloxía os alumnos e alumnas convértense nos protagonistas da súa aprendizaxe. Aprenden a presentar ideas, a debatir, a traballar en grupos, a buscar infomación e a traballar con esa información, seleccionándoa, procesándoa e elaborándoa para finalmente comunicala, xa oralmente ou mediante traballos escritos.
Unha introdución ao traballo por proxectos podemos vela neste enlace: https://sites.google.com/site/competenciasrua/practica-educativa/traballo-por-proxectos
E neste outro algunhas exemplificacións: https://sites.google.com/site/competenciasrua/practica-educativa/traballo-por-proxectos/exemplificacions-de-proxectos
external image polavide.png CEPR Pablo de Olavide (Cádiz). Web con moitos recursos propios. Ten un amplo banco de actividades e tarefas deseñadas tendo en mente a adquisición das competencias básicas. Recompilación efectuada por Benito García Peinado. Máis de 230 actividades, tarefas e materiais pensados para a preparación da proba de diagnóstico. Problemas, actividades, situacións, adiviñas, razoamentos,…
external image eduteka1.jpg Eduteka (Proxectos de clase) EDUTEKA é un Portal Educativo gratuíto de Colombia, xestionado pola Fundación Gabriel Piedrahita Uribe, que dedica un espazo importante aos proxectos de clase.




2.1.4. eTwinning

eTwinning fomenta a colaboración escolar a través das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para que os centros escolares europeos se asocien, a curto ou a longo prazo, para traballar xuntos en proxectos sobre calquera tema.
external image logo_etwenning_portal.jpg




2.1.5. Aulas virtuais

Moodle: Os sistemas de xestión da aprendizaxe (LMS ou Learning Management Services) son aplicacións que se executan na rede e que están destinadas á formación non presencial ou e-learning. O seu obxectivo é fornecer todas as características da formación presencial nunha contorna virtual. Así, pódese xestionar o alumnado, os contidos formativos, as accións de avaliación, etc. Moodle permite a xestión de roles para distintos tipos de persoa usuaria e a incorporación de calquera tipo de material educativo e recursos. Permite a integración de elementos multimedia como audio e vídeo e a xestión de obxectos de aprendizaxe.
Nesta web temos información sobre como instalar e administrar un aula virtual con Moodle: http://recursos.cepindalo.es/course/view.php?id=17

Edmodo… Edmodo.com é un dos espazos máis cómodos para crear un aula virtual, xa que o acceso do alumnado está totalmente controlado e libre de calquera contido que poida ser prexudicial. Ademais, o espazo de traballo é moi claro e facilita a xestión de actividades calendarizadas, a comunicación entre todos os membros do grupo e o intercambio de ficheiros entre outras cousas.




2.1.6. Redes sociais

Facebook, Twiter…







2.2. EXEMPLOS PARA AS ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA



Educación Infantil
1º ciclo EP
2º ciclo EP
3º ciclo EP
Toda a etapa de EI e EP
Xerais (Diversas áreas)




external image eduteka1.jpg
Eduteka (Proxectos de clase) EDUTEKA é un Portal Educativo gratuíto de Colombia, xestionado pola Fundación Gabriel Piedrahita Uribe, que dedica un espazo importante aos proxectos de clase.
external image polavide.png
CEPR Pablo de Olavide (Cádiz). Web con moitos recursos propios. Ten un amplo banco de actividades e tarefas deseñadas tendo en mente a adquisición das competencias básicas. Recompilación efectuada por Benito García Peinado. Máis de 230 actividades, tarefas e materiais pensados para a preparación da proba de diagnóstico. Problemas, actividades, situacións, adiviñas, razoamentos,…
Lingua galega





Lingua española





Lingua Inglesa





Matemáticas





Coñecemento do medio





Educación musical





Educación física



















4.3. ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA AS ETAPAS DE ESO / BACHARELATO




1º / 2º ESO
3º / 4º ESO
Bacharelato
Todas as etapas
Xerais (Diversas áreas)



external image eduteka1.jpg
Eduteka (Proxectos de clase) EDUTEKA é un Portal Educativo gratuíto de Colombia, xestionado pola Fundación Gabriel Piedrahita Uribe, que dedica un espazo importante aos proxectos de clase.
Lingua galega




Lingua española




Lingua Inglesa




Matemáticas




Ciencias Naturais




Educación musical




Educación física




Xeografía




Historia




Física




Tecnoloxía














4.4. ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA A ETAPA DE FORMACIÓN PROFESIONAL




1º CICLO FP
2º CICLO FP
Toda a etapa
Xerais (Diversas áreas)